|
Continuador da secular tradición compostelá
de hospitalidade e grazas á súa profesionalidade
e á calidade de servizos que ofrece, o Palacio
de Congresos e Exposicións de Galicia
converteuse nun referente nacional e internacional
no sector da organización e acollida de eventos.
A súa infraestructura innovadora, concibida
cun carácter polivalente, e a súa situación
privilexiada, ó final do Camiño
de Santiago, nunha das urbes con máis
tradición cultural e turística de Europa,
convérteno nunha opción inmellorable
para a realización de calquera encontro.
|