Eventos

FPLOGO

Xornada de orientación profesional: ámbito educativo e laboral. Curso 2017-18

2017/11/29

O vindeiro mércores 29 de novembro de 2017, realizarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, na rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n – San Lázaro, en Santiago de Compostela, a “Xornada de orientación profesional: ámbito educativo e laboral. Curso 2017-2018″. Esta xornada está dirixida aos profesionais de orientación dos centros educativos e do ámbito laboral. Trataranse aspectos relacionados coa cualificación das persoas, a súa empregabilidade e as medidas de apoio dispoñibles.

As persoas encargadas da orientación dos centros educativos deberán inscribirse na aplicación de Formación do profesorado, a través da ligazón https://www.edu.xunta.es/fprofe, empregando como criterio de busca a referencia da actividade G1702032.

volver