Noticias

Máis de 1.000 persoas participaron nos actos conmemorativos do Día Internacional dos Dereitos dos Nenos.

nenos_612301_0x0_izda

O Palacio de Congresos de Santiago converteuse nun altofalante de tolerancia, respecto e liberdade para os millóns de nenos e nenas que habitan no planeta no Día Internacional dos Dereitos dos Nenos/as.

Xogar é unha fonte inesgotable de pracer e alegría, que nos permite un crecemento equilibrado do corpo, a intelixencia e a sociabilidade. Agora e sempre, o xogo é un elemento fundamental na formación das persoas. Para reivindicar a súa importancia, celebrouse esta xornada, organizada dende a Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego coa coordinación do Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-Servizos Sociais.

A xornada contou con actividades lúdicas, contacontos, música, xogos de todos os estilos e un peche especial, coa representación da obra financiada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade “Antía, Wamba e o regato pequeno”, posta en escena polo grupo de teatro A Tropa de Trapo. Así, todos se deron a man a favor da paz, representado valores como a amizade, o dereito a xogar, a rirse e a ser feliz.

No acto participou a concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, quen deu as grazas aos asistentes e animou a todas as entidades presentes no Palacio de Congresos -Cruz Vermella, UNICEF, Asociación Compostelá de Nenos Hiperactivos, Red Madre e Asociación Manaia- por traballar e favor dos dereitos dos nenos e nenas e por seguir loitando pola igualdade e un futuro mellor.

Esta iniciativa está incluída na medida denominada Programas de dinamización social, igualdade de oportunidades, formación e educación de colectivos en risco de exclusión, no marco do proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

volver