Eventos

Imaxe_Clubs_de_Lectura_2021_web

“XIII Xornada dos CLUBS DE LECTURA”.

2021/06/04 Hora: De 09:30 a 20:00 horas.
O vindeiro 4 de xuño, celebrarase no Palcio de Congresos, en Santiago de Compostela, a reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de cultura Educación e Universidade. Neste curso 2020/2021 recibiron asignación, a través da convocatoria do programa, un total de 213 centros que matriculan alumnado de ESO, BAC, FP, Ensinanzas de Persoas Adultas, e Ensinanzas de réxime especial (Conservatorios e Escolas de idiomas). Esta XIII Xornada dos Clubs de Lectura reunirá así a preto de 250 persoas, entre participantes, relatores e asesores e asesoras de formación do profesorado.
Entregarase, así mesmo, o Premio dos Clubs de Lectura 2021, que desta vez recaeu na escritora Eva Mejuto, por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2019/2020, tal e como se recolle na Resolución do 23 de abril de 2021, que explica as particularidades deste premio, que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado e Carlos Negro, María Reimóndez e Andrea Maceiras.
O programa contempla así mesmo a participación da escritora Marta Sanz, celebrarase unha mesa temática sobre a historia de Galicia recuperada a través da literatura e outra con experiencias de centros; o escritor, periodista e investigador en comunicación José Miguel Tomasena falará da xente moza as prácticas de lectura nas redes . Pechará a xornada o autor e ilustrador Miguelanxo Prado, Premio dos Clubs de Lectura no ano 2017.

volver