Eventos

fam

1º Foro de familias pola plena inclusión.

2016/06/11

O vindeiro 11 de xuño, o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago, acollerá a celebración do 1º Foro de Familias pola Plena inclusión, (e que constituirá o 22 Encontro de Familias). Trátase dun foro aberto á participación onde este ano o tema protagonista será o Relevo Xeracional na Familia e a Plena inclusión. Os asistentes poderán expoñer os temas, ao redor dos cales debatiremos e reflexionaremos buscando liñas de acción para levar a cabo. Un espazo para reflexionar e pensar sobre o relevo xeracional dende o punto de vista dos irmáns, así como sobre as crenzas e visións que temos sobre a inclusión.

volver