Configuración de cookies
Usamos cookies propias e de terceiros con fins analíticos sobre o uso da web, para personalizar o contido segundo as túas preferencias e para publicidade personalizada baseada nun perfil obtido a partir da recompilación dos teus hábitos de navegación. Para máis información, podes ler a nosa política de cookies. Podes aceptar todas as cookies mediante o botón "Aceptar" ou podes configurar ou rexeitar o seu uso premendo en "Configurar". Política de cookies

PALACIO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE GALICIA

Cultura, reunións e espectáculos

:

os mellores eventos nun só lugar

Un programa de experiencias para todo tipo de público e salas dispoñibles para as túas reunións e eventos, combinando cultura e funcionalidade no mesmo espazo.

Calendario de eventos

48º Congreso Nacional de SEMERGEN 07–10 de outubro de 2026

A Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN) organiza en Santiago de Compostela o 48º Congreso Nacional SEMERGEN, un encontro de referencia para profesionais da atención primaria que reúne programas científicos con conferencias, obradoiros e espazos de discusión deseñados para actualizar coñecementos, promover a investigación e fomentar o intercambio entre colegas de toda España.

48º Congreso Nacional de SEMERGEN 07–10 de outubro de 2026

WEB DO CONGRESO
67º Congreso da SEEN 21–23 de outubro de 2026

Santiago de Compostela acollerá do 21 ao 23 de outubro de 2026 o 67 Congreso da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición (SEEN), unha cita científica de referencia para os profesionais da especialidade. O programa reunirá expertos de todo o país para analizar os últimos avances en endocrinoloxía, nutrición e enfermidades metabólicas mediante conferencias, mesas de debate, comunicacións científicas e espazos de intercambio de coñecemento e investigación.

67º Congreso da SEEN 21–23 de outubro de 2026

WEB DO CONGRESO
Juan Dávila – El Palacio del Pecado 6, 7 e 8 de novembro, 2026

JUAN DÁVILA chega a Santiago de Compostela con ¡El Palacio del Pecado!, un espectáculo atrevido, improvisado e completamente imprevisible. O humor, a interacción co público e a diversión combínanse para crear unha función única cada vez, onde as risas están aseguradas e cada momento é diferente. Ideal para asistir só, en parella ou con amigos e deixarse levar pola comedia máis atrevida.

Juan Dávila – El Palacio del Pecado 6, 7 e 8 de novembro, 2026

VENDA DE ENTRADAS
VIII Congreso Nacional de Medicina Integrativa Santiago 14 e 15 de novembro de 2026

O Congreso SESMI reúne en Santiago de Compostela profesionais da medicina integrativa nun encontro científico de referencia centrado na actualización, no intercambio de coñecementos e nunha visión multidisciplinar da saúde. Cun programa de conferencias, debates e actividades formativas, impulsa un modelo de atención máis humano, preventivo e integrador que aborda os retos actuais da medicina desde unha perspectiva global.

VIII Congreso Nacional de Medicina Integrativa Santiago 14 e 15 de novembro de 2026

WEB DO CONGRESO
O Senhor dos Anéis em Concerto 26 de novembro, 2026

A orquestra sinfónica Lords of the Sound presenta “O Señor dos Aneis en Concerto”, unha viaxe musical pola Terra Media a través das inesquecibles composicións de Howard Shore. Dende as melodías dos hobbits ata as paisaxes escuras de Mordor, a música da triloxía cobra vida nun espectáculo envolvente que combina orquestra, voces e unha coidada posta en escena. Unha experiencia para revivir a épica, a emoción e a maxia dunha das grandes sagas do cine.

O Senhor dos Anéis em Concerto 21 de marzo, 2026

VENDA DE ENTRADAS
DJ Symphonic & Royal Film Concert Orchestra 19 de decembro, 2026

Unha fascinante combinación de orquestra sinfónica e DJ para interpretar temas de Coldplay, Daft Punk, Pont Aeri… Vive un concerto único co mellor do Pop.

Director: Fernando Furones
Ver vídeo do concerto

DJ Symphonic & Royal Film Concert Orchestra 19 de decembro, 2026

VENDA DE ENTRADAS
Un programa de eventos, con concertos, teatro e espectáculos que emocionan e sorprenden a todo o público.
"Unha experiencia inesquecible."

Os nosos servicios

O espazo para os teus eventos

15.000 m², salas para conferencias, zonas de exposición e galas

Equipamento audiovisual de última xeración

Pantallas de gran formato, iluminación, ata 120.000 vatios de potencia

Amplos Servizos

Aparcadoiro, gardarroupa, servizo de seguridade, accesibilidade garantida

Como chegar ao Palacio de Congresos?

Palacio de Congresos

O Palacio de Congresos de Santiago atópase no barrio de San Lázaro, unha zona moderna e ben comunicada, a poucos minutos do centro histórico da cidade. A súa ubicación estratéxica facilita o acceso dende o aeroporto, a estación de tren e as principais vías de comunicación. Ademais, o entorno conta con servizos como hoteis, restaurantes e zoas comerciais, garantindo comodidade para os asistentes a calqueira evento. Chegar ao Palacio de Congresos de Santiago é moi sinxelo. Se viaxas en coche, introduce a dirección "Miguel Ferro Caaveiro s/n – San Lázaro, Santiago de Compostela" no teu GPS. A ruta está claramente sinalizada, polo que será sinxelo seguir as indicacións e chegar sen complicacións.
Ver máis
Palacio de Congresos de Santiago