CAFi FORMACIÓN INICIAL PARA NOVAS DIRECCIÓNS ESCOLARES

Curso de formación inicial para novas direccións escolares.
As novas persoas directoras nomeadas a 1 de xullo de 2021 poden matricularse neste curso, que funciona coma pílula intensiva para ofrecer a estas direccións as ferramentas, coñecementos e habilidades precisas para liderar o seu centro educativo.

Estas persoas directoras poderán levar consigo ás súas persoas xefas de estudo e secretarias tamén nomeadas por vez primeira nese cargo directivo a 1 de xullo de 2021. Se sobran prazas, vicedireccións ex novo tamén poden asistir, acompañando á súa persoa directora.

Das 25 horas da actividade, 5 computarán coma tarefas entregadas. Esas tarefas serán sinxelas e breves e imprescindibles para certificar, ademais de asistir a polo menos ao 85% de asistencia das sesións presenciais.